lunes, 24 de mayo de 2010

Alcaldes pola paz

O Concello de Oleiros acolle o próximo martes día 25 un encontro denominado «Alcaldes pola Paz». Esta iniciativa, a través da que se pretende avanzar cara á abolición das armas nucleares, está impulsada polo alcalde de Hiroshima, Dr. Tadatoshi Akiba. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, recibirá unha comitiva composta por Mioko Tokiwa, coordinadora do Barco pola Paz e Rafael de la Rubia, coordinador da Marcha Mundial e presidente de Mundo sen Guerras e sen Violencia, xunto con Marisa Fernández, responsable de Mundo sen Guerras e sen Violencia da Coruña. Ademais espérase a presenza de varios alcaldes de municipios galegos, a quen se lles proporá que os seus concellos se adhiran formalmente á causa. Así mesmo, o martes pola tarde a partir das 20.30 horas, proxectarase na Fábrica o documental oficial da Marcha Mundial, que se estreou na sede da ONU, en Nova York, e que agora se pasará no auditorio oleirense. Este filme, producido polo cineasta español Álvaro Orus, é unha recompilación de 45 minutos dos momentos máis emotivos, conmovedores e inspiradores da viaxe de 93 días ao redor do mundo en nome da Paz e a Non Violencia.

  • A reunión que se celebrará o vindeiro martes 25 ás 18:00 horas na Casa Consistorial responde a iniciativa impulsada polo Alcalde Hirosima, Dr. Tadatoshi Akiba, que aboga pola abolición das armas nucleares.
  • O martes pola tarde a partir das 20:30 horas , proxectaráse na fábrica o documental oficial da Marcha Mundial.


O Barco da Paz chega á Coruña

O próximo mércores 26 de maio ás 7.00 da mañá, atracará no peirao Cruceiro do porto da Coruña, o Barco da Paz (Peace Boat). Viaxe ao redor do mundo pola paz

A viaxe global 69 do Barco da Paz saíu de Xapón o día 16 de abril de 2010 incluíndo no seu itinerario 22 portos en 20 países ao redor do mundo. Contando coa participación de dez Hibakusha (sobreviventes nucleares), e levándose a cabo no mesmo período de tempo en que se realizará a Conferencia de Revisión do Tratado de Non Proliferación Nuclear das Nacións Unidas, esta viaxe porá a tónica no tema do desarme nuclear e na creación dun mundo pacífico e libre de armas nucleares. De igual forma, nesta viaxe relanzará o programa “Universidade Global”, que incluirá temáticas como a resolución pacífica de conflitos no Medio Oriente, a sustentabilidade ambiental no Norte de Europa e a globalización en América Latina. A viaxe global estará retornando a Xapón o día 25 de xullo de 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios serán publicados una vez moderados.