lunes, 27 de septiembre de 2010

Contra a Politica do Goberno, hai motivos para un Plan de Loita

A tantos que piden o despedimento mais fácil ou o despedimento libre... téñolles que dicer que non!”. Un ano despois Zapatero aprobou por decreto unha Reforma Laboral que o abarata, criminaliza aos desempregados e privatiza o INEM, legaliza os abusos patronais, admite o descolgue na negociación colectiva de empresas “con problemas” e precariza máis o emprego alongando os contratos por obra e servizo.
No marco da ofensiva na Unión Europea contra os traballadores e as traballadoras, aprobaronna, mentras o  PP pide endurecer máis a politica. O plan de todos eles é que a crise a paguemos os traballadores e traballadoras.
O 29 S é parte dunha Xornada de Loita en toda Europa contra as politicas de austeridade da UE, a clase traballadora galega ten que unirse aos compañeiros e compañeiras de toda Europa, aos gregos, portugueses, franceses... en loita. Mas, o apoio á Folga do 29 non pode facernos esquecer que chega con atraso e é convocada por uns dirixentes que levan anos apoiando a este goberno dos banqueiros, que admitiron a lóxica do dialogo social, dos EREs, do recorte dos salarios, e millons de despedimentos sen convocar ningunha mobilizacion xeral, gañando unha profunda desconfianza da clase traballadora.
Pero a Reforma Laboral non é contra Toxo e Mendez, senón contra todos os traballadores e traballadoras, nun plan a longo prazo. Esta seman anunciaron uns Ornamentos estatais que conxelan as pensions na practica (a suba do 1% ás mais baixas é demagoxia pura), que conxela os salarios dos funcionarios, etc., e xa teñen anunciado por eles mesmos!, o recorte do subsidio de desemprego, a privatizacion das pensions, a liquidación da negociación colectiva, as privatizacións dos servizos....
Neste cadro, na Galiza asistimos a unha verdadera orxia desmanteladora na sanidade co aumento dun 100% das derivacions  á privada, co caos no educacion no comezo de curso ou mesmo os desmantelamento do NoiteBus. A Xunta do PP demostra na practica que o proceso de ataque aos direitos dos traballadores e as traballadoras non é privativo do goberno Central, senon parte dunhas politicas que non ten outro limite que a nosa mobilización.
O éxito da folga do 29 debe ser o principio dun cambio a favor dos traballadores e as traballadoras, que permita impor outra saída á crise, que reparta o traballo reducindo a xornada sen reducir o salario, que garanta un subsidio de desemprego até a recolocacion, que reduza a xubilación aos 60 con contrato de substitución. E hai recursos para garantir este plan, sacando o diñeiro de onde esta con impostos progresivos sobre as grandes fortunas e empresarios (“que pague quen máis ten”), coa nacionalización da banca e sectores craves da economía... en definitiva, que a crise a paguen quen a criou, os capitalistas.
Por iso tras a folga do 29 é preciso que as organizacions sindicais, sociais e politicas, propoñan un plan de loita que de continuidade á mobilización, cara levar á súa discusión e aprobación en asembleas de centro de traballo e estudo, sector e fábrica, co obxectivo de botar abaixo a Reforma Laboral e os plans do Goberno e a Unión Europea, e avanzar na unidade dos traballadores/as europeos.

HAI QUE PARARLLES OS PÉS
o 29 S todos á folga

Fonte, xentileza de Corrente Vermella.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios serán publicados una vez moderados.