miércoles, 1 de septiembre de 2010

Dolores Ibárruri, Nai, Coraxe, Palabra, Voz, Figura e Obra do Antifascismo español.

A forxa dun carácter (1895-1917).- Dolores Ibárruri Gómez (A Pasionaria, Gallarta, Biscaia, 9 de decembro de 1895 - Madrid, 12 de novembro de 1989) naceu na zona mineira de Biscaia, a provincia máis industrializada e populosa do País Vasco. O seu pai, Antonio Ibárruri, era mineiro e carlista. A súa nai, Dores Gómez, castelá católica e devota tamén traballou na mina antes de casar. "Son pois, de pura raza mineira. Neta, filla, muller e irmá de mineiros...eu non esquecín nada" [1] De nena tivo a súa rebeldía. Asistiu á escola até os 15 anos, albergando o desexo de ingresar na Escola Normal de Mestras, pero as súas esperanzas quedaron frustradas polas necesidades económicas da súa familia. Ao finalizar os seus estudos tivo que ingresar nunha academia de corte e confección que lle permitiu achar emprego como serventa na casa dunha familia acomodada... o traballo era esgotador, levantábase ao seis da mañá e non se deitaba até as dúas da madrugada. O 15 de febreiro de 1916, casou na igrexa de San Antonio de Padua de Gallarta cun mineiro socialista, Julián Ruiz; pero, como ela mesma relata na súa autobiografía até a guerra civil O único camiño, non foi feliz nesta relación dadas as duras condicións da vida das familias mineiras e o machismo do seu marido. Julián foi detido tras a Folga Xeral revolucionaria na España de 1917 e Dores atopouse soa coa pequena Esther, nacida o 29 de novembro de 1916. A noticia da Revolución socialista de Outubro de 1917 en Rusia representou para ela un potente raio de esperanza.

Ler máis...

Fonte: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña

2 comentarios:

  1. Inolvidable Dolores!
    Valiente y comprometida con los ideales del pueblo.
    Un ejemplo de lucha y de entereza que no debemos olvidar.
    Memoria y República!!!

    ResponderEliminar
  2. Una exaltada. Aqui la detuvieron el 2 de febrero de 1936 junto con todos esos comunistas correúdos ñi-ñi-ñi, ña-ña-ña, que nunca hace un chiste ni se ríen ni a tiros. Esa foto debe ser la excepción. La detención de la Pasionaria en La Coruña, aquí:

    http://laninhadelexorcista.blogspot.com/2010/12/mitin-comunista-suspendido-con-la.html

    ResponderEliminar

Los comentarios serán publicados una vez moderados.