lunes, 11 de octubre de 2010

A visita de Ratzinger, Compostela asediada

Entre o 28 de Outubro e o 8 de Novembro a capital de Galiza irá-se convertendo progresivamente nunha cidade en estado de sítio segundo se desprende do documento elaborado polo Concello de Compostela.
A partir do 28 de Outubro o tránsito de veículos e persoas irá restrinxindo-se até ficar proibido por completo no casco histórico, a ninguén estará permitido sentar-se nunha esplanada a tomar un café, non se poderán facer traballos de carga e descarga, nen actuar na rua, os residentes do casco histórico verán tan limitados os seus direitos ambulatórios que o dia 6 de Novembro deverán permanecer fechados nas suas casas pois entre as 7:00 e as 22:00 horas terán proibido entrar ou sair delas.
O que si proliferará serán os dispositivos de captación e emisión de imaxes. Poderemos ver o Sr. Ratzinger por toda a cidade e todos nosos movimentos serán gravados por cámaras (à vista ou ocultas).

Fionte: Esculca

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios serán publicados una vez moderados.