miércoles, 10 de noviembre de 2010

Ayer concentracción en A Coruña en apoyo al pueblo Saharaui

Ayer se celebró en A Coruña la anunciada concentracción de ciudadanos en solidaridar con el pueblo Saharaui. A pesar de la lluvia incesante se concentraron cerca de un centenar de personas ante la subdelegación del Gobierno y se procedió a la lectura del comunicado de la organización "SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI".

Comunicado: 

"MARROCOS E O SEU REI MOHAMED VI, SÓ COÑECEN A LINGUAXE DA VIOLENCIA, O ODIO E A VIOLACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS.

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, consternada ante os acontecementos que están sucedendo no Aaiún, nos territorios ocupados do Sáhara Occidental, EXPRESA A SÚ MÁISENÉRXICA CONDENA ANTE A ACTITUDE DO RÉXIME MARROQUI QUE UNHA VEZMÁIS MOSTRA AO MUNDO ENTEIRO QUE SÓ COÑECE A LINGUAXE DAVIOLENCIA, O ODIO E A VIOLACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS.

Atopámonos a poucas horas do inicio das negociacións auspiciadas pola ONU e días despois de queobservadores e xornalistas españois foran agredidos e insultados por axentes marroquís, e queparlamentarios/as do Estado Español e do propio Parlamento Europeo foran expulsados de formailegal e arbitraria do territorio, nun claro intento de ocultar ao mundo o que onte veu a confirmarse:o ataque indiscriminado por parte de unidades militares e policiais contra miles de civís saharauis,que pacificamente reclamaban os seus dereitos económicos e sociais no campamento de GdeimIzik, máis coñecido como o CAMPAMENTO DA DIGNIDADE, nos territorios ocupados do SáharaOccidental.

Unidades militares e policiais marroquís entraron onte no campamento de protesta saharaui de Gdeim Izik, preto do Aaiún, co obxectivo de desmantelalo pola forza, xerando feridos de diversa consideración, pánico e angustia entre os miles de homes, mulleres e nenos que pacificamenteconcentrábanse no Campamento reclamando os seus dereitos máis elementais.

O Estado de Marrocos, coa súa actitude violenta e antidemocrática, vulnera normas tan básicas como a Declaración Universal dos Dereitos Humanos que proclama no seu artigo 19 como “todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado por mor das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións, e o de ifundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión”. Artigo que no mesmo sentido desenvolve o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos nos seus artigos 18 e 19.

O Reino de Marrocos ata ignora o seu propio texto constitucional, cuxo artigo 9 di textualmente:“garántese a todos os cidadáns: a liberdade de circular e de establecerse en todas as partes do Reino; a liberdade de opinión, a liberdade de expresión baixo todas as súas formas e a liberdadede reunión; a liberdade de asociación e a liberdade de afiliarse a calquera organización sindical e olítica da súa elección.

”¿Canta xente terá que morrer?, ¿Canto horror haberá que ver para que a Comunidade Internacional protexa á poboación civil saharaui? ¿Segue o Goberno Español constatando quea lei marroquí aplícase no territorio do Sáhara Occidental?


Ante esta situación dramática:

a) Instamos á Unión Europea e en especial ao Goberno Español, e a súa nova Ministra deExteriores a que, se lles queda aínda algo de dignidade, fagan un chamamento ao Rei de Marrocos para que poña fin a esta tolemia de represión e violencia inxustificada, desproporcionada e cruel.

b) Denunciamos a gravidade dos feitos producidos nos territorios ocupados do Sáhara Occidental.

c) Esiximos ao Goberno de España unha actitude máis decidida contra os abusos e asilegalidades de Marrocos.

d) Esiximos á ONU unha intervención urxente, para evitar a masacre do pobo saharaui e paraque se cumpra a legalidade internacional e se celebre un referendo de autodeterminación no Sáhara Occidental."

Al final se informó a los asistentes de la posibilidad de nuevas movilizaciones en caso de graves novedades, haciendo la petición de estar atentos a los acontecimientos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios serán publicados una vez moderados.