martes, 7 de agosto de 2012

“Castelao na Unión Soviética en 1938”


O pasado luns día 6 de agosto, foi presentado na Feiro do Libro de A Coruña o libro do Profesor *Xesús Alonso Montero “Castelao na Unión Soviética en 1938”

Sabíase que Castelao, formando parte dunha delegación española moi plural, estivera, en maio de 1938, en distintas ciudades de tres repúblicas da URSS (Leningrado, Moscova; Kiev; Bakú). No presente volumen recóllense por primeira vez todos os textos de Castelao sobre a Revolución e realidade soviéticas. Abundan as formulacións que xustifican o subtítulo do libro “Filocomunismo e prosovietismo de Castelao nos anos da Guerra Civil”. Algunha é de este calado: “En mi viaje a la URSS he adquirido la convicción de que allí se está engendrando una nueva vida que ha de ser el molde de los demás pueblos del mundo”.
Estas dúas facetas cómpre entendelas nas coordenadas da Guerra Civil, período no que Castelao se esquerdiza; no que intima con destacados comunistas (Líster, Santiago Álvarez…); no que bate (e faina súa) coa definición de nación formulada por Stalin; no que gusta de escribir para os combatentes marxistas, e no que recibe (entusiasmado) as gavanzas da critica soviética sobre a súa condición de “debuxante revolucionario”.

*Xesús Alonso Montero: (Vigo 1938) Catedrático de Literatura na Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega, é filólogo, tradutor, conferenciante e autor de numerosos libros, estudos e traballos. Tamén é director do Centro de Estudios Rosalinianos e da Revista de Estudios Rosalinianos.




Título: “Castelao na Unión Soviética en 1938”
Autor: Xesús Alonso Montero 
Idioma: Galego
Edicións Xerais Páginas: 215
Año: 2012 
ISB: 978-84-9914-384-2

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios serán publicados una vez moderados.