lunes, 26 de noviembre de 2012

Josefina González Cudeiro, Heroína anónima

*Xesús Alonso Montero.- Josefina González Cudeiro acababa de cumprir noventa e catro anos cando faceleu (o 15 de outubro) no seu domicilio de Caoruña. Nacera en Ourense o 6 de outubro de 1918 no seo dunha familia moi castigada pola furia tráxica do 36. Fusilado seu pai e perseguidos dous irmáns. Fina (como lle chamaban os que a querían e admiraban) foi encarcerada en Bande durante un ano (1937-1938). Foi o primeiro ­-e leve- tributo á súa militancia comunista. Xa en liberdade (se ben, dentro da inmensa prisión franquista) viaxa en 1944, por razón políticas a Madrid, onde coñece a Antonio Seoane, quen se traslada, en 1945 á Coruña. Seoane vai a ser axiña o xefe do exército guerrilleiro de Galicia e estará en contacto permanente con José Gómez Gayoso, secretario xeral do Partido. Ambos os dous (Seoane, de Boiro e Gayoso, de Maceda) viñeran de Arxentina e de Cuba, respectivamente, para incorporarse á loita antifranquista, daquela aínda con bandeira republicana. Nesta loita, Fina e Seoane son camaradas na acción e compañeiros no corazón. 

En xullo de 1948 prodúcese na Coruña una “caída” como consecuencia de una delación, caída que abrangue desde os responsables máximos, Gayoso e Seoane, a nove combatentes máis, entre eles catro mulleres (Fina, María Blázquez, Clementina Gallego e Carmen Orozco). Na comisaría os torturadores non distinguiron entre homes e mulleres. Existen cartas arrepiantes. (Una de Seoane y otra de Gayoso)**

Xulgada co protocolo da época –na indefensión-, Fina pasou once anos en varias prisións franquistas de 1948 a 1959. Na de Segovia, en xaneiro de 1949, participou nunha famosa folga de fame pola que foi, con outras compañeiras, especialmente castigada. Eu, con vinte anos, cursaba na Universidade de Madrid o primeiro ano na Facultade de Letras. Nunca, nesas datas, oin falar entre os universitarios, que houbese folgas de fame protagonizadas por mulleres, presas políticas torturadas nas comisarías, tribunais militares que conculcasen Dereitos elementais… 

Viviamos non deserto de información, e as reclusas, naquela sociedade ignorante , nunha orfandade total. Non sei de ninguén, naquelas datas, que agradecese, ainda sin exteriorízalo, a súa infinita valentía cívica na defensa de elementais Dereitos humanos. Fina como tantas outras e tantos outros , viviu desde 1959, anos e anos, sen o recoñecemento público a tanto sufrimento, a tanta dignidade. 

O día 8 de novembro vinte persoas non alleas á virtude da gratitude (con Pepe Abades a cabeza) enterramos as súas cinzas no cemiterio coruñés á beira dos seus camaradas Gayoso e Seoane , fusilados na mesma data, hai sesenta e catro anos. 

Fonte do texto: Culturas/La Voz de Galicia

*Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) Catedrático de Literatura en la Universidad de Santiago de Compostela y miembro de la Real Academia Gallega es filólogo, traductor, conferenciante y autor de numerosos libros, estudios y trabajos. Es director del Centro de Estudios Rosalinianos y de la "Revista de Estudios Rosalinianos" ademas de autor de cientos de trabajos sobre Rosalía Castro.
Recibió infinidad de premios y distinciones entre ellos el nombramiento de "Gallego egregio"

** El añadido de las dos cartas es responsabilidad de Ensenada de Riazor.

Fotografía de Nomes e voces

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios serán publicados una vez moderados.