sábado, 30 de marzo de 2013

Libro "Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1926-2006)"


Moitos dos protagonistas deste libro militaron (algúns aínda militan) no discurso universal contra a Inxustiza. Militaron, como diría o profesor Alonso Montero verbo do discurso capitalista, contra a súa ortografía, contra a súa sintaxe moral, contra os seus contidos. Fálase neste libro de intelectuais galegos que reflexionaron en Galicia desde o marxismo, algúns deles investigados por primeira vez, e fálase de homes e mulleres que, antes e despois da Guerra Civil, protagonizaron accións -heroicas algunhas- contra as malfeituras da sociedade desde postulados e inquedanzas comunistas. Nestas páxinas como é habitual na pedagoxía literaria do profesor Alonso Montero, adúcense e ofrecénse textos reveladores case descoñecidos, ademais dun documento inédito extraordinariamente significativo, a “acta” orixinal da I Asemblea de intelectuais do PCG (marzo 1977).

Autor: Xesús Alonso Montero (Vigo 1938) Catedrático de Literatura na Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega, é filólogo, tradutor, conferenciante e autor de numerosos libros, estudos e traballos. Tamén é director do Centro de Estudios Rosalinianos e da Revista de Estudios Rosalinianos.




Título: Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1926-2006)
Autor: Xesús Alonso Montero
Idioma: Galego
Edicions Xerais de Galicia
Páxinas: 614
Ano: 2007
ISB: 978-84-9782-531-3 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios serán publicados una vez moderados.