sábado, 17 de mayo de 2014

“A batalla de Montevideo” (os agravios lingüistícos denunciados na UNESCO en 1954)



Na vella pugna entre defensores e detractores (ou perseguidores) do galego como lingua funcional culta, a Batalla de Montevideo é o capítulo máis rico, máis interesante e máis aleccionador. Librada no marco da VIIIª Conferencia Xeral da UNESCO (1954), celebrada na capital uruguaia, foi promovida polos grupos galeguistas do exilio interior (con Ramón Piñeiro como ideólogo e estratega) e os do exilio exterior (co compromiso e entusiasmo en Buenos Aires, de Rodolfo Prada), a raíz da presentación dunha Denuncia en tres idiomas (galego, francés, inglés) na que poñían en coñecemento das delegacións de case cen países qué actividades culturais en língua galega eran prohibidas daquela.
O presente  volume ofrece en fácsimile a Denuncia trilíngue (una alfaia da bibliografía galega) e outros textos, ademáis de reproducir páxinas sobre a cuestión hoxe moi pouco coñecidas; un corpus textual e documental esencial e indispensable para coñece-la conflictividade política e cultural que suscitaba o idioma galego, nun tempo de miseria  -hai cincuenta anos- que urxía examinar e valorar.


AutorXesús Alonso Montero (Vigo 1938) Presidente da Real Academia Galega, Catedrático de Literatura na Universidade de Santiago de Compostela e é filólogo, tradutor, conferenciante e autor de numerosos libros, estudos e traballos. Tamén é director do Centro de Estudios Rosalinianos e da Revista de Estudios Rosalinianos.




Título: “A batalla de Montevideo” (os agravios lingüistícos denunciados na UNESCO en 1954)
Autor: Xesús Alonso Montero
Idioma: Galego
Edicións XERAIS
Páxinas: 225
ANo: 2003
ISBN:84-9782-036-3

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios serán publicados una vez moderados.