lunes, 26 de mayo de 2014

Chamamento á unidade entre os partidos da esquerda

A Esquerda destaca o "golpe moi importante ao entramado PP", pero pide un acordo entre os distintos partidos da esquerda.

 

Por Galicia Confidencial 26/05/2014 

 

O PPdeG perdería as eleccións en Galicia se se celebraran hoxe pero, en fronte, tería a catro partidos diferentes. Unha situación que indica o potencial da esquerda en Galicia pero tamén a súa fragmentación.
Por iso, a Plataforma de partidos e movementos sociais A Esquerda (Nova Esquerda Galega-Republicanos) nunha primeira análise dos resultados destaca este feito e a derrota das políticas "que aplican as medidas antisociais e antidemocráticas da Troika".
 
En todo caso, e a pesar dos bos resultados obticos por AGE en Europa e Podemos, salienta o gran problema que existe na esquerda, a súa división. "Esta dase nin mais nin menos pola incapacidade en conxunto de poñer en primeiro plano a necesidade de articular a tan nomeada unidade en torno a uns obxetivos políticos en concreto", indica esta formación nun comunicado. Tamén destaca os resultados positivos doutras formacións de esquerda que conseguiron representantes no Parlamento Europeo, como Primavera Europea, Esquerra Republicana ou Os Pobos deciden - BNG.
 
Por iso, chama a impulsar unha fronte ampla rupturista, entendendo que a cuestión principal e acabar co actual "rexime político". "Os resultados en Galicia mostran as mesmas tendencias que no resto do estado, cos datos significativos de PODEMOS. A sumatoria de todos os votantes que sufragaron pola esquerda en Galicia, supera ampliamente aos votantes do PP e os partidos de dereitas", engade.
 
Neste sentido pide a convocatoria de eleccións anticipadas para "darlle un novo rumbo político e económico como queren e esixen os electores". "Para lograr este obxectivo debemos de mobilizarnos e conformar de forma urxente unha fronte política onde estea representada a maioría social agredida polo sistema", conclúe.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios serán publicados una vez moderados.