jueves, 4 de junio de 2015

Carta aberta a Xulio Ferreiro, vindeiro Alcalde da Coruña



Estimado compañeiro :

Permíteme dirixirme a ti públicamente, para manifestarche o meu apoio e pedilo tamen a eses 36.000 coruñeses que diron o seu voto a MAREA ATLÁNTICA.  Disculpa si a miña redacción non e moi académica e faise longa de máis, pero pretendo facerche chegar as miñas inquedanzas diante da nova e ilusionante época que se aveciña.
Cando Franco morreu na súa cama, eu xa tiña 30 anos, foron trinta anos duros, nacido fillo de traballadores na posguerra, durante a miña infancia tiven que sufrir coma outros a carencia de moitas cousas que hoxe nin se poden imaxinar, sufrir un sistema educativo malo, con castigos corporais e o dictado do nacional-catolicismo. Empecei a traballar ós 14 anos, fixen o servicio militar obligatorio nun exército fascista con mandos moi ignorantes na súa meirande parte, chusqueros casi analfabetos, a xuventude era reprimida e con una ¿educación sexual? Inexistente, non digo xa as mulleres ó que tiñan que padecer, por falta de liberdade, incluso as casadas necesitaban permiso do seu marido (amo) para calqueira compra venta ou similar.
No ano 1975 o morrer Franco, abreuse un mundo novo,  e cheguei creer que xa había liberdade, pouco tardei en afiliarme ó PCG o que millor cadraba co meu xeito de pensar. Durante máis de trinta anos militei, e como traballadoir afilieime a CC.OO. onde fun delegado sindical, tamén dirixente nunha A. de VV. Directivo de una APA, etc etc. Loitamos ca ilusión de cambiar as cousas no noso país pero os anos foron pasando e pouco se avanzou. Enganaronnos, por un lado o sistema capitalista, co franquismo ben atado e tamén o PSOE que ca colaboración da CÍA ocupou o poder consolidando o reximen que padecimos ata de agora, elección tras elección fumonos frustrando. Nos últimos anos e como consecuencia da caída do muro de Berlín e da Unión Sovietica, o neoliberalismo abandeirado por Margaret Theacher e Ronal Reagan, abandonou todo disimulo e descaradamente foi a roubarnos os poucos dereitos que a clase traballadora conseguira despois de moitos anos de loita, de cárcel e de morte en algún casos. Chegamos a 2011 e o PP arrasa nas eleccións e ca disculpa da “crisis” levounos a situación que xa todos coñecemos, onde desregularon o mundo do traballo, privatizaron os servizos esenciais do povo como a Sanidade e a Educación, gobernaron para o Gran Capital deixando que as empresas enerxéticas nos metan a man nos bolsillos para vacialos, o roubo dos nosos cartos para sanear a Banca etc etc.
Nos últimos dous ou tres anos algo mudou na sociedade e parece que escomenzamos a abrir os ollos. Aquí en Galicia dóuse o fenómeno electoral de AGE que nos fixo recuperar aquela ilusión perdida da transición, pero pronto comprobamos que dentro de esa Alternativa, había elementos indesexables empeñados el levar ese proxecto o fracaso (podo dar nomes de elementos en esta cidade).
Fai un par de semanas volveuse a abrir a porta da esperanza ca gran victoria na nosa cidade da MAREA ATLÁNTICA e por eso dirixome a ti para, prégarche fagas hasta o imposible para evitar outro fracaso e estar a altura da esperanza que temos milleiros de persoas da miña xeneración que chegando os 70 anos queremos ver polo menos un pouquiño de liberdade e cambiar a política máis próxima os cidadáns, non fai falta máis presuposto do que houbo ata o de agora, basta con gástalo con outro criterio. Gustariame (sequera pequenas cousas) ver que se sacaba do noso rueiro o nome de criminales brutais, que o noso concello exerza como entidade laica e non ver o meu máis alto representante cidadán cargando co pendón de una relixión criminal ou paseando monecos vestidos con luxo, non me gustaría que se financiara o asesinato sádico de ningún animal, que os veciños dos nosos barrios a traverso dos Consellos de Barrio, (en aplicación dos presupostos participativos) decidiran como se gastan os cartos en reparar beirarrúas e rúas abandonadas dende hai perto de 50 anos, so porque non son os Cantóns ou outros servizos imprescindibles. Por favor non permitas que te conquisten con cantos de sirenas ou por pisar moqueta e pensa que somos milleiros os que estaremos dispostos a defender na rúa as disposicións que adoptes en beneficio dos cidadáns da nosa cidade.
Sei perfectamente que as presións e o acoso mediático que vas a sufrir vai a ser brutal, sei como traballa a “caverna” e que non van a reparar en mentir e inventar para descalificarte, pero non dúbides en pedir axuda a convocar a cidadanía para manifestar o noso apoio a causa dos homes e mulleres que queremos outro mundo millor e máis solidario.

Unha aperta solidaria
A Coruña, xuño de 2015

Pedro de Visma

2 comentarios:

  1. Moi ben. Debemos estar alerta antre os dous maiores perigos: que por delegar en eles deixemos sen amparo aos novos gobernantes e que logren partirnos en cachelos ben cocidos. A unión fai a forza.

    ResponderEliminar
  2. Temos que estar organizados e atentos para apoiar os novos gobernantes diante dos ataques brutais a que van a ser sometidos por parte do neoliberalismo salvaxe ca súa prensa, radio e televisión, con artigos e tertulias a cargo dos seus sicarios.

    ResponderEliminar

Los comentarios serán publicados una vez moderados.