domingo, 9 de octubre de 2016

Sospeita con fundamento.



Con certo sombro e admiración a un tempo, saco en conclusión leendo os periódicos dixitais progresistas que todo indica que a través da crise interna (creada adrede) no seo do PSOE, estase a reconducir a política do estado para levala de novo ao punto de onde seica nunca debeu ter saido, a saber: o bipartidismo de alternancia de goberno que garantice as condiciós favorables para a continuidade do sistema neoliberal  que tan bos resultados económicos ten acarrexado para as grandes fortunas, truses económicos e espuladores financeiros.
Todo parece indicar que isto é certo, e que foi (ou é) unha manobra orquestada polas altas esferas  do poder, consensuada con xente sen escrúpulos de dentro dos partidos (baróns) para alonxar ós emerxentes, Podemos e as Confluencias, da posibilidade de ter opcións de criar unha terceira vía que os poida chegar a levar un día a ser alternativa de gobernó, co perigo que para estas élites supón de perder as prerrogativas socio-económicas das que disfrutan.
Parece posible que esto sexa certo, pois tanto o xeito coma os resultados desta crise que non remata co descabezamento do que até agora foi o secretarío xeral  do partido Pedro Sánchez, sustituido nunha manóbra espúria parar instituir unha xestora, non só manipulable, se non manipuladora ás ordes de Susana Díaz, Felipe gonzalez e os Barons territoriais, sexa quen de entregar ó PP o goberno do Estado, causa principal deste asunto, que se trata de agochar groseiramente a través dos malos resultados conqueridos polo partido nas últimas eleccións.
Tament ó través desta situación criada artificialmente han ser quen de demonizar ás forzas emerxentes como responsables, pola sua influencia ideolóxica, nociva, populista, independentista e radical de esquerda, así como tamen  “canonizar “ a estes persoaxes anteditos con altas miras de estadistas e patriotismo (Susana Díaz e cia.) que por moitos anos han poder gozar do favor e influencia dos grandes poderes económicos nacionais e inrternacionais, poñendo ó seu dispor tanto os medios económicos coma os de comunicación e reubicación persoal (portas xiratórias).
A partires de agora voltarán a falar de rexeneración democrática, de reverter as leis regresivas, de perseguer a corrupción, de reconquistar os avances anteriores, e como non tamen da conquista das libertades. Definiranse de “esquerdas” renunciando á loita de crases, para ocupar ese espacio electoral que lles permita a alternancia de goberno coa dereita. Han ser moi respetuosos coa dereita nos feitos, anque furibundos no discurso, para tentar deixar o engano no electorado (o pobo en xeral) da sua diferencia. É moi importante ter un contrincante amigo que poida botar unha man cando o precisas, como a tal hora.
Pero o mais triste desta situación é que a xente do común entende de todo esto, mais non actúa en consecuencia, se non que pola contra favorece este estado de cousas cohibindose de participar coa sua presencia en actos de reprobación, en militancias activas, e en participacións electorais, coa escusa de que pouco ou nada pode facer, ainda sabendo que este  pensamento non é certo. Xustifica así a sua actitude de desidia e desafección, coa que pretende exculparse dunha situación da que é tan responsable como aqueles que a manexan e manipulan. Un pobo que así actua non é un pobo culto, é un pobo gregario dos grandes poderes económicos que o manexan, é un pobo sen vontade, sen espírito renovador, por eso os recortes  e reformas  na educación fan tanto dano á sociedade. Estamos pampos asistindo a ver como en nome da libertade de elección conquiren os obxectivos de regresión que se propoñen, e cos que tentan de seguer manexando as vontades para os seus fins que non son outros que o arriquecemento desmedido e cruel a costa dos mais debles.
A todo isto están a contribuir estes prebostes e adalides da democracia. “Nunca tan poucos fixeron tanto” non sei de quen é esta frase que tan ben encaixa no que pretendo dicir, mais non para ben, diría eu. Se as sospeitas que expreso son certas, moito camiño queda por andar para chegar (se algún día chegamos) a conquerir uns resultados senon xustos, o mais parecido a eso que damos en chamar axustados a dereito.

Manuel Patiño Ares
4 de outubro do 2016.

1 comentario:

  1. Parafraseando aquela frase de Churchill..eu digo do PSOE-PP (PSOE-PP !a mesma merda e!..QUE NUNCA TAN POUCOS FIXERON TANTO MAL A TANTOS..

    ResponderEliminar

Los comentarios serán publicados una vez moderados.