domingo, 6 de noviembre de 2016

Homenaxe do PCG a José Gómez Gayoso e Antonio Seoane no 68 aniversario do seu asasinato.

Prezadas compañeiras e compañeiros:

Como cada ano, o Partido Comunista de Galicia homenaxeará en A Coruña ós seus camaradas José Gómez Gayoso e Antonio Seoane, personaxes que foron cruciais na historia do Partido Comunista de España e moi especialmente en Galicia.

José Gómez Gayoso, mestre de profesión e afiliado ao PCE durante a Segunda República, combatente contra os sublevados na Guerra Civil, exiliado a Cuba e retornado a Galicia xa na posguerra para dirixir o Partido Comunista en Galicia dende 1944 e reorganizar a guerrilla antifranquista, foi detido en xullo de 1948, xulgado por un Consello de Guerra sumarísimo e executado na nosa cidade.

Antonio Seoane Sánchez, emigrante retornado a Galicia dende a Arxentina, traballou clandestinamente no PCE tras a Guerra Civil ata 1944, cando marcha a Galicia para dirixir o Exército Guerrilleiro do lugar xunto con Gómez Gayoso. Foi detido xunto a éste, torturado e condenado tamén a morte en 1948.

Ámbolos dous foron asasinados o 6 de Novembro de 1948 no Campo da Rata, como tantos outros defensores da liberdade, da xustiza e da democracia nos tempos escuros da ditadura franquista.

É por elo que este domingo, no 68º aniversario da súa morte, contamos convosco para honrar a súa memoria e para, en palabras do Secretario Político Comarcal da Agrupación Comarcal da Coruña do Partido Comunista de Galicia, Alberto Vilariño, “recordar a xenerosa entrega e loita destes militantes e lembrar que os ideais e causas que levaron a éste e outros máis (Comunistas, Socialistas, Anarquistas, Republicanos de
esquerda) a rebelarse contra a inxustiza deben seguir en pé adaptados a realidade concreta de cada momento histórico”.

A data do encontro é o próximo domingo 6 de Novembro ás 13h, e o lugar o Cemiterio Civil de San Amaro. Esperámosvos.

Que a Historia non olvide.

#MemoriaHistórica


“ [•••] Ahora yo quiero nombrar,
no mi nombre, porque el mío
es como el de los demás.

¿A quién nombraré primero?
Nadie es segundo en mi lengua
cuando es de acero el acero.

Si uno es glorioso, en glorioso
al otro no hay quien le gane.
Si digo Gómez Gayoso,
ya estoy diciendo Seoane.

Canto fuerte, camaradas,
compañeros, canto fuerte,
aunque esta copla es de muerte
sin la garganta apretada.

¡Sangre de Gómez Gayoso,
sangre pura, sangre brava,
sangre de Antonio Seoane,
de Diéguez, de Larrañaga,
de Roza, Cristino y Vía,
valles de sangre, montañas!”

Rafael Alberti – Héroes Caídos de la Resistencia Española (fragmento)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios serán publicados una vez moderados.