viernes, 4 de noviembre de 2016

Xustiza Social destinará 600.000 euros ao programa do Talón Restaurante 2017

Silvia Camean, Concelleira de Xustiza Social e Coidados
A Xunta de Goberno local (A Coruña) dará luz verde este venres ao citado plan, que este exercicio aumenta as axudas que reciben as persoas usuarias. “O Concello introducirá criterios redistributivos á hora de repartir estes cheques, de forma que achegará máis cando as rendas dos e das solicitantes sexan iguais ou inferiores ao IPREM”, explica a concelleira Silvia Cameán.
 A Xunta de Goberno local dará luz verde este venres ao programa do Talón Restaurante para o próximo ano, que contará cun orzamento de 600.000 euros. A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, destaca que este servizo, xestionado polo seu departamento, "ten dous obxectivos primordiais, como son promover a interrelación das persoas maiores coa súa contorna social e proporcionarlles unha alimentación equilibrada". Así, o Talón Rastaurante consiste nunha axuda económica que o Concello presta aos e ás solicitantes para poder comer nalgún dos establecementos hostaleiros adheridos a este programa municipal. Este ano, como principal novidade, o Goberno local "optou por aplicar, tamén neste caso, un criterio redistributivo". "Aquelas persoas con rendas máis baixas, iguais ou inferiores do IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples), recibirán unha axuda para comer fóra do domicilio maior que a dos resto de persoas usuarias deste programa, ao que se lles manterán os baremos de axudas do ano pasado", explica a edil.
"Este programa ten innumerables beneficios para moitas persoas e posúe, sobre todo, unha perspectiva integral e normalizadora. Serve de axuda tanto a persoas maiores cunha capacidade culinaria moi limitada como a aquelas nunha situación económica precaria ou ás que precisan fomentar as relacións no seu medio habitual", indica Cameán. A través do programa, que se pode solicitar durante todo o ano na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade, as persoas usuarias obterán un talonario mensual que oscila entre os 10 e os 25 cheques, dependendo da súa situación. Os talóns teñen unh valor de 3,74 euros para aquelas persoas que teñen unha capacidade económica igual ou superior ao IPREM, e de 5,30 euros para as rendas máis baixas, iguais ou inferiores ao IPREM. Ambas cantidades constitúen achegas municipais para custear o prezo do menú, correndo a cargo da persoa usuaria a cantidade restante.
Os e as receptoras do Talón Restaurante deben facer uso do mesmo nos establecementos hostaleiros que estean adheridos a este programa, e que se ubican na practica totalidade dos barrios da cidade, "en base, precisamente, a ese afán normalizador que buscamos con este programa". Os bares/restaurantes deben ofrecer un menu completo de luns a sábado cuxo prezo oscilará entre os 6,20 e os 7,30 euros.
Cando unha persoa solicita a axuda municipal do Talón Restaurante é obxecto dunha baremación polas técnicas municipais, tendo en conta a capacidade económica e a dispoñibilidade orzamentaria. O número de talóns adxudicados poderá variar se a devolución de talóns mensuais por parte da persoa usuaria é constante, xa que o persoal técnico deberá adaptar a concesión ao uso real. Causará baixa a persoa que non use ao mes un mínimo de 5 talóns.

Fonte: Concello da Coruña | 03/11/2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios serán publicados una vez moderados.