martes, 12 de diciembre de 2017

Un caravel vermello.


Como xa non teño folgos,  
gosto do cantar de vello
aloumiñando as estrofas
e, aforrando no alento.  

Levo un carabel vermello,
latexando no meu peito,  
dolor en todo-los hosos
e unha cántiga nos beizos.  
                     
O pensamento ateigado
de ilusións e de debezos
por trocar o mundo en outro     
mais igual e mais parexo.

A forza da natureza 
dime que hei morrer sen velo.
¡¡Ai, quen tivese cen anos
por vivir para ver eso...!!   
              
Que ninguen me saque a arela
do pensamento que teño,
que ninguen ouse trocalo,
non preciso ese consello.

Quero morrer con el posto,
quero soñar co debezo,
quero que ninguen me chate
o que soño e o que penso.

¡Desperta vello!, me din, 
i eu soñando non desperto.
Porque soñando estou vivo,           
e pra morrer, queda tempo...

Autor: Manuel Patiño Ares.

1 comentario:

  1. Poema sentido..profundo..combativo ..y sobre todo DE PUEBLO..

    ResponderEliminar

Los comentarios serán publicados una vez moderados.