viernes, 12 de enero de 2018

Memorias de Manolo Barros (Autobiografía de un militante comunista)

Buscando entre meus libros, atopei esta autobiografia do camarada Manolo Barros e pareceume boa idea esplallála para seu coñecemento. E un libro publicado hai 12 anos (2006).
Pedro de Visma



Manolo Barros Montero é colaborador activo nos actos que dende hai seis anos realiza o Colectivo Republicano de Redondela. Ata o día de hoxe, a súa memoria tennos servido para completar algúns dos traballos que fan os membros do Colectivo, ou para darnos ideas que pouco a pouco  imos levando a cabo, na medida das nosas posibilidades. Algunha de estas ideas ainda está en fase de proxecto, máis sabemos que, coa colaboración de algunas institucións que parecen por fin interesadas na recuperación na Memoria Histórica de 1936 , irá axiña adiante, témolo por seguro.Pero sobre todo a súa vida, a súa longa vida militante, ten sido espello no que arreo nos miramos con intención de aprender e mellorar.

Manolo é un exemplo de home comprometido co seu país, coa súa vila, cou a súa parroquia, coa súas ideas. Perseverante e teimudo coma casi ninguén pode selo, non renunciou nunca a ser quen é, e isto significou anteponer sempre a súa militancia política e as súas ideas, por riba de todo, incluso por diante da súa vida privada, e mantén, ainda mantén a súa ilusión por ver os indicios da derradeira República e da liberación dos homes.
Manolo Barros, como diría Vázquez Montalbán, é de aqueles homes que, dende nenos, non tiveron outro remedio que aceptar que “sus vidas fueron expropiadas por la Historia”, porque lles tocou vivir “un siglo tan cruel como prodigioso”.

En todo caso antóllaasenos que nel, máis que en ningún outro, faise realidade a coñecida frase de Bertolt Brecht: “Hai homes que loitan un día e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hainos que loitan moitos anos, e son moi bos. Pero hai os que loitan toda a vida: eses son imprescindibles”.

Quizais a Manolo, como ao Moisés bíblico lle estea negada a chegada a Terra Prometida por razón da súa idade, pero estamos certos de que, antes de partir, como lle pasou o perxonase bíblico, seralle amosado o fértil val onde algún día momará o xénero humano, un val  no que os homes e as mulleres sexamos libres, fraternos e iguais. Nós, na medida das nosas posibilidades, traballeros arreo para conseguilo.

 A Directiva do Colectivo Republicano de Redondela
Ano 2006

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios serán publicados una vez moderados.